
Un referente entre os mozos galegos
Considerada unha das mellores orquestras de Galicia, a Philadelphia é quen de atraer a todo tipo de público. No ano 2004 converteuse na orquestra revelación en Galicia. Agora preséntase con novas caras, novas cancións e un novo tour para reencontrarse cos ...

A máis grande orquestra de América
Directos dende Caracas, con máis de 50 anos de historia e nada menos que máis dun cento de discos ás súas costas, chegan Los Melódicos, unha das orquestras de baile máis populares de Venezuela.
A súa orixe debémoslla ao director musical Renato Capril ...

O jazz de vangarda como base musical
Dende Sicilia chega Roy Paci, trompetista e compositor famoso polas súas colaboracións con músicos como Manu Chao ou Macaco. A Cea ven acompañado da súa banda, Aretuska, coa que gravou recentemente o disco “Latinista”, que está a presentar este verán nun ...

Un clásico canario dos veráns galegos
Preséntanse como a orquestra que fai bailar a todas as Illas Canarias e calquera outra parte do mundo. E así lévano facendo durante tres décadas. Agora chegan a Cea para presentar o CD co que conmemoran o 30 aniversario da orquestra.
Armonía Show ...

A elegancia dun mito clásico
A orquestra Sintonía de Vigo fundouse en outubro de 1960. Polo tanto, actuarán no festival FIOU nas vésperas das súas vodas de ouro. A meirande parte dos seus primeiros integrantes proviñan da Orquestra Fox de Porriño: Delio Maceira, Jaime Collazo, Amador ...
A gran institución da música latina
A Billo´s, lenda viva e patrimonio musical dos venezolanos, cumprirá 70 anos sobre os escenarios de FIOU. Iniciou o seu periplo musical un 31 de agosto de 1940, facendo bailar, lembrar e rir a varias xeracións de latinoamericanos. Fundada polo mestre Bill ...

Raï, tradición e funk que prende lume
No corazón de París atópase o barrio de Barbès, con rúas cheas de restaurantes de cus-cus e no que o tempo pasa entre partidas de dominó e música oriental na televisión por satélite.
Xentes de toda África teñen aquí o seu refuxio parisiense, o que ...

Festa rachada non stop
Radicada en Negreira, a Olympus naceu fai 11 anos como un pequeno grupo cheo de ilusión. A base de tesón e esforzo foi ampliando a formación ate converterse nunha das tres orquestras máis importantes de Galicia, conseguindo éxitos e soños que antes semellaban inalcanz ...

Gardiáns da tradición
Para Os Diplomáticos do Acordeón a música é un modo de entender a vida. Os seus membros criáronse nos salóns de baile de Terra de Montes, dende Soutelo até Forcarei, pasando por Cachafeiro, unha comarca famosa a principios do século XX polos grandísimos gaiteiros que l ...

Fusión dominicana e canaria
Para coñecer as orixes de El Combo Dominicano hai que viaxar á República Dominicana e coñecer a orquestra Orquídea Robinson. No 1991 chega por primeira vez a España e un ano máis tarde xurde El Combo Dominicano, unha agrupación que se converteu en toda unha sensa ...

Jazz, funk e hip hop al ao estilo dunha big band
Viaxamos a Chicago para atopar unha das novas bandas de referencia no mundo do rap e do hip hop dos Estados Unidos. Son oito irmáns que se fan chamar Hypnotic Brass Ensemble e proceden dunha familia cunha forte herdanza musical, pois o seu pa ...
Destacados
Saúdo do director
E veña merengue, e a festa rachada...
Nace un novo concepto de festival, 100% galego e 100% internacional. Un acontecemento musical para os festeiros de sempre e os “festivaleiros” de agora, para os que gozan bailando coas nosas orquestras, as novas e as clásicas, e os que se queiran sorprender polo ritmo vertixinoso das mellores orquestras latinas, europeas, árabes e norteamericanas. Unha experiencia única e vibrante na que a verbena popular se viste de gala para homenaxear a todos os que fixeron posible oitenta anos de historia das orquestras en Galicia... Ler máis












